Comunicación política e comunicación de crisis sanitarias A COVID-19 en España en perspectiva comparada

Antonio Garrido Rubia
https://orcid.org/0000-0002-5327-9784
Resumo

Este traballo aborda a comunicación política do Goberno de España durante a crise do coronavirus nunha perspectiva comparada. Este estudo identifica os aspectos singulares das crises sanitarias dentro das crises políticas e os seus aspectos específicos no ámbito da política de comunicación e desenvólvese o conxunto de aspectos implicados nesta nas distintas fases da crise: latencia, aparición, explosión e síntese. Analízase o formato das comparecencias públicas, o papel dos expertos e os debates políticos abertos durante a crise. O estudo tamén avalía o efecto sobre a valoración e popularidade do Executivo da xestión e da comunicación da crise, analizando o impacto do “efecto peche de filas” e a evolución do apoio cara ao goberno no contexto da crise da COVID-19.

Detalles do artigo

Palabras chave:
comunicación política, comunicación de crisis, xestión de crisis, confianza política, efecto peche de filas, COVID-19