Os OCEX e a auditoría dos fondos Next Generation: novo modelo de control?

Simon Rego Vilar
Resumo



No artigo abórdase o papel dos órganos autonómicos de control externo nun cambio de época para estes. Por un lado, nun momento de redefinición do seu rol tradicional vinculado á auditoría financeira e de legalidade, afondando no ámbito da economía, eficacia e eficiencia dos programas de acción pública, co horizonte na avaliación de políticas públicas e na prevención da fraude e a corrupción. E, por outro, de responsabilidade coas xeracións futuras coa correcta utilización dos fondos vinculados á resposta europea á pandemia. Neste contexto, anúncianse posibles liñas de actuación dos OCEX, para complementar a súa función de exame de proxectos concluídos.



 

Detalles do artigo

Palabras chave:
Órganos de control externo autonómicos, fondos Next Generation, financiamento baseado en rendemento,, marcos de gobernanza, contexto español NGEU