Son as comisións parlamentarias de investigación un instrumento efectivo de loita contra a corrupción pública?

Ana Gude Fernández
http://orcid.org/0000-0002-8960-6839
Resumo

O Parlamento é o lugar da publicidade por excelencia e a sede adecuada para examinar as actuacións do Goberno e a Administración, sobre todo daquelas que puidesen motivar a exixencia de responsabilidades políticas ou ser sospeitosas de corrupción pública. O artigo 76.1 da Constitución española establece, de forma expresa, que o Congreso e o Senado ou, se é o caso, ambas as dúas cámaras conxuntamente poderán nomear comisións de investigación sobre calquera asunto de interese público. Neste traballo facemos unha reflexión acerca de se a regulación destes mecanismos de control é a máis axeitada para o desenvolvemento deste labor no Estado democrático.

Detalles do artigo

Palabras chave
Parlamento, control, comisións de investigación, minoría e maioría parlamentaria