Política de control de plaxio
A revista A&C require que todos os actores involucrados no proceso de edición dos artigos, xa sexan persoal do equipo editorial e revisión ou os propios autores ou autoras, sigan as directrices éticas da publicación. En todo caso, debe indicarse que adicionalmente a estas persoas correspóndenlles as seguintes responsabilidades:
Autores (as): No momento de presentar un traballo na plataforma da revista deberán formular unha declaración de responsabilidade sobre a orixinalidade do traballo e de que non vulnera o dereito de propiedade intelectual, así como indicar que se coñece e acepta o contido da normativa pola que se rexe a revista e do seu código ético e de boas prácticas.
O envío simultáneo do traballo a outra publicación tamén debe ser comunicado polos seus autores/as aos membros do equipo editorial.
Editorial: Seleccionará os textos conforme a criterios de orixinalidade, novidade, relevancia e rigor.
Ademais, no caso de que se detectase unha vulneración da política antiplaxio antes da avaliación devolverase o artículo ao autor ou autora advertindo do feito de que non procede a súa revisión. Se a identificación se producise ao longo do proceso editorial, o traballo será automaticamente retirado e non procederá a súa publicación. Unha vez publicados os arquivos, a detección de plaxio implicará a súa retirada da páxina web.
Avaliadores (as): Deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados/as na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista.
Por outra banda, deberán comunicar ao equipo editorial posibles fraudes ou plaxios que detecten nas investigacións avaliadas.
Así mesmo, deberán ditaminar os artigos de forma obxectiva e no tempo establecido, así como fundamentar as razóns polas cales rexeitan un envío ou ben achegar suxerencias que fortalezan a súa publicación.