Capital social, sustentabilidade e participación deliberativa

Emilio Luque

Main Article Content

Published: Mar 25, 2006
Abstract

A noción de capital social forma parte do vocabulario do debate público, e por isto debe recuperarse da versión despolitizadora pulada por Putnam e aceptada por moitos analistas como forma de contrarrestar o discurso dominante sobre o desenvolvemento das sociedades. Esta noción ténselle aplicado con éxito á análise do desenvolvemento sustentable como modulador da acción colectiva para opoñer o “goberno” á “traxedia dos comúns”. O capital social tamén facilita a participación cidadá, crucial no caso de problemas “revirados” (wicked), pero é un recurso desigualmente distribuído. As propostas deliberativas, entre elas as relativas aos xurados de cidadáns, tentan corrixir este problema e outros tales como a complexidade técnica dos problemas públicos ecolóxicos.

Article Details

Keywords:
capital social, sustentabilidade, democracia deliberativa, xurados de cidadáns, participación cidadá