As axencias tributarias autonómicas: unha visión panorámica

Diego Martínez López

Main Article Content

Published: Mar 25, 2006
Abstract

Este artigo realiza unha análise xeral sobre a descentralización da administración tributaria, con especial referencia ao caso español. En primeiro lugar, repásase a evidencia internacional comparada co fin de extraer algúns riscos xenéricos que guíen a nosa discusión. En segundo lugar, realízase unha simple presentación do modelo actualmente vixente en España, que contén ademais unha valoración da actuación levada a cabo pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e dos principais puntos aos cales debe afectar a coordinación tributaria. A continuación, preséntanse os principais argumentos que fundamentan as decisións de centralización ou descentralización no contexto da administración tributaria.

Article Details

Keywords:
axencias tributarias, financiamento autonómico, descentralización