Atallos informativos e voto en tres referendos españois

Ignacio Lago Peñas
JOSÉ RAMÓN MONTERO GIBERT

Main Article Content

Published: Mar 25, 2006
Abstract

É ben sabido que os votantes teñen unha escasa información política nas eleccións de masas. Con todo, adoita sinalarse que poden usar a heurística ou os atallos cando deciden quen van apoiar. Este artigo emprega as enquisas realizadas polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) con motivo dos referendos constitucionais de 1978 e 2005 e o referendo sobre a entrada de España na OTAN en 1986 para analizar se os atallos lles permiten aos votantes mal informados emular o comportamento dos votantes relativamente ben informados.

Article Details

Keywords:
atallo, heurística, eleccións, referendo