A discriminación da muller no mercado de traballo e os seus efectos sobre a pobreza

Coral Del Río Otero
Carlos Gradín Lago
Olga Cantó Sánchez

Main Article Content

Published: Mar 25, 2006
Abstract

O obxectivo deste estudo é recoller, de forma sintética, a evidencia empírica existente relativa aos niveis de discriminación salarial padecidos por diferentes colectivos de mulleres no noso país, e mostrar a súa relación cos niveis de pobreza reais. Abordar o estudo conxunto de ambos os fenómenos (discriminación salarial e pobreza) permítenos avaliar a importancia do fenómeno discriminatorio en relación cos efectos que provoca na distribución da renda dos fogares. Deste xeito, ofrécese unha información absolutamente relevante para o deseño non só de políticas tendentes a reducir as desigualdades económicas entre homes e mulleres.

Article Details

Keywords:
discriminación salarial, xénero, pobreza, distribución da renda, mercado de traballo