O financiamento da renda básica en España: posible e prioritaria?

Santiago Lago Peñas

Main Article Content

Published: Mar 25, 2006
Abstract

Neste traballo reflexiónase sobre os desafíos económicos aos que se enfronta a posta en marcha dun programa de renda básica (RB) de carácter universal. Se ben é certo que a súa aplicación implica mobilizar un volume de recursos financeiros moi importante, hai que ter presente o relativamente baixo nivel de España no que respecta aos impostos e ao gasto público. Amais, a converxencia cara á eses niveis de presión fiscal máis elevados esixe dúas condicións, unha de procedemento e outra substantiva. A de procedemento compromete a aplicación gradual da RB para evitar un impacto macroeconómico. 

Article Details

Keywords:
renda básica, impostos, Estado do benestar