A participación autonómica ante os órganos da Unión Europea: plasmación na reforma estatutaria andaluza
Main Article Content
Published: Mar 25, 2006
Issue: Vol. 2 No. 1 (2007)
Abstract
A atribución de competencias soberanas por parte dos Estados á Unión Europea xera importantes distorsións naqueles estados membros con sistemas politicamente descentralizados ou estados compostos, como é o caso de España e a súa estrutura autonómica. Desde o punto de vista da UE, os suxeitos membros son os estados soberanos, e por tanto eles son os responsables da execución do Dereito Comunitario. O proxecto de Tratado polo que se institúe unha Constitución para Europa contemplaba unha serie de disposicións nas que a posición e relación das rexións respecto da Organización xa se recoñecía no Dereito orixinario de xeito máis profundo.
Article Details
Keywords:
Unión Europea, Comunidade Autónoma, Andalucía, Constitución, Estatuto de Autonomía, reforma, participación