A lei de defensa nacional e a participación de España en operacións de mantemento da paz
Main Article Content
Published: Mar 25, 2006
Issue: Vol. 2 No. 1 (2007)
Abstract
No novo escenario estratéxico mundial a política de defensa e seguridade española, así como os labores asignados ás Forzas Armadas, cambiaron substancialmente. A LO 5/2005 da Defensa Nacional pretende darlle resposta a este novo escenario. Novos obxectivos de defensa e novas misións para as Forzas Armadas que constitucionalmente requiren que reflexionemos sobre as seguintes preguntas: Está cambiando o concepto de Defensa Nacional? Intégranse as misións de paz no estranxeiro nas previsións do artigo 8 da CE? Que caracteriza as misións de paz que autoriza o Congreso dos Deputados?
Article Details
Keywords:
defensa, seguridade, Forzas Armadas, misións de paz