A crecente relación entre as Nacións Unidas e o mundo empresarial: da desconfianza á lúa de mel?

Javier Uncetabarrenechea Larrabe

Main Article Content

Published: Mar 25, 2007
Abstract

A relación da Organización das Nacións Unidas (ONU) co sector empresarial coñeceu unha fonda transformación fundamentalmente nestes últimos quince anos. En efecto, tras décadas de receos e desconfianzas mutuas, a ONU aposta decididamente por reforzar a súa cooperación co sector privado como unha dimensión clave da súa estratexia de presente e de futuro. Neste artigo analizaremos brevemente a historia da devandita relación, constataremos a relevancia deste acercamento ao mundo dos negocios e veremos como as Nacións Unidas pretenden impulsar un progresivo recoñecemento das empresas como actor lexítimo da sociedade civil. 

Article Details

Keywords:
sector privado, Nacións Unidas, sociedade civil, multilateralismo, Grupo Cardoso