A transparencia e o control democrático na nova xeración de acordos comerciais: a UE ante o CETA e o TTIP

Javier A. González Vega

Main Article Content

Published: Mar 25, 2017
Abstract

A nova xeración de acordos de libre comercio en curso de negociación ou conclusión por parte da Unión Europea –simbolizados no frustrado TTIP e o ranqueante CETA– formulan multitude de cuestións desde diversidade de perspectivas. Esta análise, desenvolvida cun enfoque xurídico, aborda as cuestións máis relevantes que suscita o seu proceso de negociación –en particular a controvertida confidencialidade que rodea o seu desenvolvemento– e a súa conclusión, en razón da eventual implicación dos seus Estados membros no caso de que se admita a súa natureza de “acordos mixtos”. 

Article Details

Keywords:
política comercial; Unión Europea; acordos comerciais; acordos mixtos; transparencia; control democrático; control xurisdicional.