Reformas estatutarias e financiamento autonómico

Xoaquín Fernández Leiceaga

Main Article Content

Published: Mar 25, 2007
Abstract

O traballo repasa os efectos das reformas estatutarias —nomeadamente de Cataluña— sobre o modelo de financiamento autonómico nos ámbitos da autonomía, da suficiencia, da nivelación e das relacións entre administracións descentralizadas e central. Conclúese que as reformas introducen confusión e inestabilidade para a definición do novo modelo, pero sen conseguir determinalo, aínda que si condicionalo: o debate sobre o grao e instrumentos da autonomía financeira, sobre o contido da suficiencia, sobre o carácter absoluto ou parcial da nivelación, ou sobre a profundidade da solidariedade continuará nun foro multilateral no que terá preeminencia o Goberno central.

Article Details

Keywords:
Goberno autonómico, descentralización, financiamento