Sistemas de vivenda e benestar no sur de Europa

Teresio Poggio

Main Article Content

Published: Mar 25, 2007
Abstract

O obxectivo deste artigo consiste en presentar as principais características dos sistemas de vivenda europeos e explorar as conexións existentes entre eles e os sistemas de benestar dos cales forman parte. Tras un debate sobre as perspectivas de análise máis relevantes, preséntanse as características fundamentais dos mercados, políticas e prácticas familiares relacionados coa vivenda. Faise fincapé nalgunhas peculiaridades dos países mediterráneos, así como na propiedade da vivenda, que constitúe o tipo de tenza máis habitual no sur de Europa. Utilízase o caso de Italia como modelo para debater as tendencias máis recentes e os resultados sociais básicos do «modelo de vivenda» mediterráneo.

Article Details

Keywords:
política de vivenda, sistemas de benestar, Europa