O TTIP en contexto: razóns e efectos
Main Article Content
Published: Mar 25, 2017
Issue: Vol. 12 No. 1 (2017)
Abstract
A Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento (TTIP) foi obxecto da oposición activa dalgúns colectivos e tamén da ambigüidade da Administración de Trump. Non obstante, o seu contido real e os seus obxectivos seguen sendo moi descoñecidos. A finalidade deste artigo é situar o acordo no marco das relacións económicas actuais, así como revisar os seus contidos principais. O TTIP non é unha rareza: forma parte dos acordos de nova xeración cuxo obxectivo fundamental é atenuar o impacto das barreiras non arancelarias (BNA) e inscríbese entre os acordos rexionais de comercio que se xeneralizaron como resposta ao estancamento da Rolda de Doha.
Article Details
Keywords:
TTIP, comercio internacional, barreiras non arancelarias, Unión Europea, política comercial