A oferta participativa das webs parlamentarias

Marta Cantijoch
Josep San Martín

Main Article Content

Published: Mar 25, 2007
Abstract

Este artigo presenta os resultados dunha investigación na que se analiza a oferta participativa das webs de diversos parlamentos da nosa contorna. Proponse un inventario de mecanismos que ofrecen os parlamentos para que os cidadáns poidan participar a través da súa web. Establécese unha metodoloxía que permite comparar os devanditos indicadores por unha banda e os diversos parlamentos pola outra. Pódese observar como, a través dunha web, os parlamentos dispoñen dunha variedade de mecanismos para abrir canles de intercambio cos cidadáns con impactos participativos de distinto grao. Obsérvase como os mecanismos participativos máis estendidos son aqueles que ofrecen os niveis máis básicos de participación.

Article Details

Keywords:
participación política, parlamentos, novas tecnoloxías da información e a comunicación, internet, Europa