A europeización dos sistemas administrativos e as políticas públicas. Unha aproximación aos mecanismos institucionais na e-administración
Main Article Content
Published: Mar 25, 2007
Issue: Vol. 2 No. 3 (2007)
Abstract
Durante os últimos anos, o concepto europeización (europeanization) espertou un crecente interese no ámbito politicolóxico, tendo en conta a súa aplicación a diversos ámbitos, entre eles, as administracións e as políticas públicas. Este artigo aproxímase ao que poderiamos chamar europeización da e-administración, mediante a influencia exercida polas institucións da Unión Europea sobre as administracións e as políticas públicas dos estados membros. Para iso, esbózase unha análise preliminar dos mecanismos utilizados para consolidar organizativa, normativa e institucionalmente a e-administración como unha área de política pública.
Article Details
Keywords:
Unión Europea, políticas públicas, e-administración, europeización