Cuestións que suscita a aplicación da Orde Europea de Detención e Entrega
Main Article Content
Published: Mar 25, 2008
Issue: Vol. 3 No. 1 (2008)
Abstract
A Orde Europea de Detención e Entrega entra en funcionamento en España o 18 de marzo do 2003, desde ese momento a súa aplicación non estivo exenta de dificultades, moitas das cales esixiron o pronunciamento do Tribunal Constitucional. O novo sistema de entrega extradicional permitiu entregar nacionais españois, suxeitos condenados en rebeldía por estados membros, e incluso aqueles que estando requiridos para ser entregados e xulgados noutro país se encontraban con procedemento pendente en España. É máis, chegouse a aceptar a entrega dos que non o sendo a través do procedemento extradicional, sono despois, polos mesmos feitos, cumprindo a petición contida nunha orde de detención e entrega europea.
Article Details
Keywords:
detención, entrega, extradición, legalidade, nacionalidade, rebeldía