A acción exterior na fracasada reforma do Estatuto de autonomía de Galicia (2006-2007)
Main Article Content
Published: Mar 25, 2008
Issue: Vol. 3 No. 1 (2008)
Abstract
Transcorridos vinte e cinco anos desde a entrada en vigor dos estatutos de autonomía, durante o primeiro goberno de Rodríguez Zapatero xeneralizouse un proceso de reformas estatutarias que en Galicia non se puido concluír debido ás diferenzas existentes entre os principais partidos políticos con respecto á definición de Galicia como nación. Este artigo examina o tratamento recibido pola acción exterior da Xunta de Galicia durante o proceso de elaboración do novo estatuto, e chega á conclusión de que esta cuestión non foi obxecto de particular atención no debate parlamentario.
Article Details
Keywords:
acción exterior das comunidades autónomas, reforma do Estatuto de autonomía, Galicia, España, Unión Europea