O novo sistema de recursos no ámbito penal

Jacobo López-Barja de Quiroga

Main Article Content

Published: Mar 25, 2008
Abstract

O procedemento penal está tremendamente anticuado. A xurisprudencia do Tribunal Supremo e a doutrina do Tribunal Constitucional tratan de axustar as súas liñas ao disposto na Constitución española e nos compromisos internacionais. Tal situación tamén lle afecta ao sistema de recursos, que precisa importantes modificacións tomando en consideración o seu obxecto e os seus límites. Trátase de non repetir recursos sen un fundamento propio e de establecelos medindo os seus límites en canto á revisión da proba e a alteración dos feitos probados. Isto implica unha decisión para definilos como recursos sobre o feito ou sobre o dereito e, en función disto, a necesidade ou non de repetir a proba. 

Article Details

Keywords:
Dobre instancia, revisión dos feitos, revisión do dereito, repetición da proba