Autonomía local: un piar na articulación do Estado das Autonomías
Main Article Content
Published: Mar 25, 2008
Issue: Vol. 3 No. 3 (2008)
Abstract
A tese sobre a que xira esta reflexión é a inadecuada equiparación da autonomía local a unha materia ou sector sobre a que o Estado e as Comunidades Autónomas reparten competencias segundo o binomio bases-desenvolvemento. Detereime na análise da xurisprudencia constitucional para mostrar a contradición latente nas sentenzas que, primeiro, relacionan, e logo, distinguen, xerarquizando, os artigos 137, 140 e 141 da Constitución co 149.1.18, é dicir, os artigos onde se recolle a garantía constitucional da autonomía local e o artigo invocado para repartir funcións e materias sobre réxime local.
Article Details
Keywords:
Constitución española, Estado das Autonomías, Distribución de competencias, goberno local, Autonoía Local