Estado de benestar mediterráneo en crise: sociedade e Administración españolas en cambio
Main Article Content
Published: Mar 25, 2011
Issue: Vol. 6 No. 1 (2011)
Abstract
O estado de benestar despregouse durante os últimos trinta anos en España coas súas peculiaridades e contexto (1978-2008, período referido). Manifestada a crise do clásico modelo keynesiano a nivel internacional desde mediados dos setenta e aquí nos oitenta, impúxose progresivamente a necesidade de reestruturalo e redefinir o papel das administracións públicas e as súas lóxicas de actuación. Tras unha profunda revisión bibliográfica e seguimento do debate doutrinal, analizaremos os principais efectos de índole socioeconómica, política e institucional da dita crise, así como as transformacións que ocasionaron tanto no seu contido como na súa forma de xestión, posto que a encrucillada acaba afectando tamén á súa propia lexitimidade.
Article Details
Keywords:
administracións públicas, cambios, pluralismo de benestar, políticas sociais, familia.