Acceso á xustiza e mecanismos de asistencia letrada gratuíta: apuntamentos críticos sobre os casos de España e Costa Rica

Marco Feoli Villalobos

Main Article Content

Published: Mar 25, 2011
Abstract

O texto explora os mecanismos de xustiza gratuíta establecidos en España e Costa Rica. Mentres no primeiro se optou pola figura do defensor de oficio (avogados privados que mediante un convenio co Estado asesoran en diversas materias persoas de escasos recursos), no segundo creouse unha institución pública encargada de representar, mediante defensores públicos, os intereses dos que o soliciten en diferentes procesos xudiciais. O autor parte da necesidade de que estes mecanismos sexan revisados permanentemente, posto que constitúen un requisito esencial para garantir o acceso á xustiza nunha democracia. Asemade, resalta os aspectos máis positivos e formula algunhas críticas ao funcionamento de ambas as formas de xustiza gratuíta.

Article Details

Keywords:
dereito á asistencia letrada gratuíta, avogados de oficio, defensores públicos, tutela xudicial, xustiza.