Democratización, representación, transparencia e equidade electoral. Debate acerca da reforma política en Arxentina
Main Article Content
Published: Mar 25, 2011
Issue: Vol. 6 No. 2 (2011)
Abstract
Neste traballo analízase a Lei de democratización da representación política, a transparencia e a equidade electoral, sancionada en Arxentina, considerando os catro obxectivos implicados no título desta norma. Aquí realízase unha lectura crítica desta Lei de reforma política, orientando o foco non nas dificultades concretas respecto do seu cumprimento efectivo, senón nos fundamentos teóricos que guiaron o obxectivo reformador. Finalmente, procurarase mostrar que mediante a implementación destas regras se acaba promovendo a fragmentación partidaria, a mingua na consistencia interna das organizacións e a perda de relevancia dos partidos políticos na escena electoral.
Article Details
Keywords:
democratización, representación política, transparencia, equidade electoral, arxentina