A cartelización da competición política nos referendos supranacionais: ¿Un desprazamento conxuntural da clivaxe esquerda-dereita?

Mathieu Petithomme

Main Article Content

Published: Mar 25, 2012
Abstract

Este artigo céntrase nos recorrentes efectos dos referendos europeos sobre as dinámicas partidistas a nivel nacional, demostrando unha tendencia á cartelización da competición política, entendida como o achegamento das posturas proeuropeas dos partidos no poder e dos principais partidos da oposición. Comparando catorce referendos en seis Estados membros da Unión Europea desde a sinatura do Tratado de Maastricht, este artigo sinala o reforzo recorrente do papel dos partidos periféricos a través do desprazamento conxuntural da clivaxe principal que estrutura a competición política. 

Article Details

Keywords:
referendos europeos, cartelización, clivaxe, sistema de partidos, aliñamentos políticos.