Análise do Tratado de Estabilidade, Coordinación e Gobernanza na Unión Económica e Monetaria como novo fito da construción europea, empregando as Teorías da Integración

Claudio Castro Quintas

Main Article Content

Published: Mar 25, 2012
Abstract

Neste traballo analízase o Tratado de Estabilidade, Coordinación e Gobernanza na Unión Económica e Monetaria como novo fito da integración comunitaria. No primeiro apartado sinálanse as normas de supervisión orzamentaria anteriores adoptadas pola UE. No segundo capítulo, descríbese este novo tratado orzamentario, sinalando as principais novidades que este achega respecto á lexislación previa. Durante a terceira parte ofrécese unha visión xeral do proceso de negociación deste pacto fiscal na area comunitaria, debullando os principais motivos que levaron a que a UE apostara decididamente por unha maior disciplina fiscal. 

Article Details

Keywords:
pacto fiscal, vixilancia e supervisión orzamentaria, teorías da integración europea, débeda pública, déficit público.