A construción de espazos anómicos para inmigrantes e refuxiados. Sobre a crecente evolución das políticas da Unión Europea
Main Article Content
Published: Mar 25, 2016
Issue: Vol. 11 No. 1 (2016)
Abstract
Fronte ao que se podería pensar, os instrumentos xurídicos das políticas migratorias da UE (e dos seus Estados membros), lonxe de configuraren un status xurídico común, obrigatorio no espazo xurídico europeo, derivan cada vez máis cara á construción de espazos que ben poderiamos considerar “anómicos” no sentido de Durkheim e Merton. Aparecen así crecentes situacións de “limbos xurídicos”, ou espazos de “non-dereito” ou “infradereito”. Dese xeito, constrúese desde o dereito unha noción de “inmigrante” (“refuxiado” incluso) caracterizada polo que ben se cualificou como estado de excepción permanente, que leva consigo a inseguridade e a precariedade do seu status xurídico.
Article Details
Keywords:
anomia, inmigrantes, refuxiados, UE, estado de excepción