Estratexias do Estado de dereito fronte á criminalidade organizada transnacional

Antonio Roma Valdés

Main Article Content

Published: Mar 26, 2017
Abstract

A criminalidade organizada experimentou un gran crecemento grazas ás novas comunicacións e ás novas formas de relación nas sociedades modernas. Como contraste, a colaboración entre as autoridades dos distintos Estados e as propias leis internas seguen ancoradas en técnicas xurídicas tradicionais cada vez máis ineficaces. Neste traballo analízanse as estratexias dos Estados tanto na esfera interna como na internacional. No ámbito interno destácase a necesidade de perseguir os bens procedentes do delito para evitar que o delito lles xere beneficios aos seus responsables, así como a persecución de formas penais abstractas ao delito, tales como o branqueo de diñeiro ou o delito de organizacións criminais. 

Article Details

Keywords:
Dereito penal, delincuencia organizada, comisos, cooperación xudicial internacional, Iberoamérica.