Un percorrido polas distintas formas de Estado en América Latina
Main Article Content
Published: Mar 25, 2013
Issue: Vol. 8 No. 1 (2013)
Abstract
Este artigo é un resumo das diversas formas de Estado polas que ten pasado América Latina desde a independencia ata o presente. Este exercicio supón un nivel de abstracción importante para dar conta dunha realidade complexa e moi dispar para cada unha das unidades estatais consideradas. Buscouse un mínimo común denominador dos procesos históricos que amosan, no presente momento, un claro proceso de redefinición dos conceptos de Estado, cidadanía e participación.
Article Details
Keywords:
América Latina, Estado oligárquico, Estado populista, Estado desenvolvimentista, Estado burocrático-autoritario, Estado neoliberal, Estado mínimo, Estado multinacional, nación e Estado.