Crise económica e migracións en Galicia: análise sociodemográfica dos cambios recentes nos movementos de poboación

Antía Pérez Caramés

Main Article Content

Published: Mar 25, 2016
Abstract

Neste artigo abordaremos, desde unha perspectiva demográfica, o recente proceso de cambio na magnitude e dirección dos fluxos migratorios en Galicia desde o inicio da recesión económica. Se os primeiros anos do século XXI se caracterizaron por unhas chegadas intensas de poboación inmigrante, principalmente procedente do estranxeiro e baixo a forma de inmigración “autónoma” antes que retorno de emigrantes e os seus descendentes, a entrada en recesión marca un punto de inflexión que vén caracterizado por unha notable redución nos fluxos de inmigración e un aumento das saídas de poboación, tanto baixo a forma de retorno como de emigración.

Article Details

Keywords:
crise, fluxos migratorios, Galicia, inmigración estranxeira, cambio demográfico