O silencio positivo no dereito francés: Estudo segundo a reforma do 12 de novembro de 2013

Armand Desprairies

Main Article Content

Published: Mar 25, 2016
Abstract

A Lei do 12 de novembro de 2013 asumiu coma principio o silencio positivo da administración. Esta inversión do principio de silencio administrativo que foi moi criticada por boa parte da doutrina francesa, enmárcase dentro dunha tendencia internacional e nacional en busca da mellora da relación entre a Administración e os seus administrados. Transcorridos dous anos dende a adopción da devandita reforma, constatamos que a aplicación do silencio administrativo con efecto estimatorio é complicada debido ao vasto ámbito que atinxe e aos numerosas excepcións das que é obxecto. Non obstante, esta reforma ven anunciar un proceso a longo termo de evolución estrutural de certas autorizacións da administración.

Article Details

Keywords:
silencio positivo, silencio administrativo, autorización administrativa, inactividade administrativa, acto administrativo