O conflito das obrigas necesariamente convertibles en accións na práctica forense

Lisardo Núñez Pardo de Vera

Main Article Content

Published: Mar 26, 2020
Abstract

Nos últimos anos vénse detectando unha crecente litixiosidade fronte ás prácticas despregadas polas entidades bancarias en materia de contratación. Non soamente no ámbito do Estado español, senón no conxunto de Europa, os clientes de banca –con condición legal de clientes retallistas ou non– accionan xudicialmente dun xeito crecente contra a actuación das distintas entidades. Unha das materias en que se centran estas reclamacións é na emisión e comercialización de produtos de investimento, que en ocasións mesmo os bancos revisten dunha indebida condición de produtos de aforro, e que noutras ocasións se comercializan sen respectar a normativa imperativa reguladora da súa colocación no mercado.

Article Details

Keywords:
bonos subordinados, contratación bancaria