O papa Francisco ante o cambio climático

Vicente Bellver Capella

Main Article Content

Published: Mar 25, 2016
Abstract

Desde o inicio do seu pontificado, o papa Francisco dedicoulle moita atención ao cambio climático. Ese interese intensificouse nos meses anteriores á celebración do Cumio de París (COP-21) sobre Cambio Climático de 2015. Neste traballo sintetizo a posición do papa sobre o cambio climático e o Cumio de París. Pero para valorar o seu maxisterio tanto no seo da Igrexa católica como na comunidade internacional convén tratar dúas cuestións. Primeira, a relación entre a mensaxe do papa Francisco sobre cambio climático e a dos seus predecesores, Xoán Paulo II e Bieito XVI. E segunda, o interese que o papa manifestou polos cumios sobre medio ambiente.

Article Details

Keywords:
papa Francisco, cambio climático, Igrexa católica, Cumio de París 2015, política ambiental