Tras o Acordo de París: elementos para unha estratexia de saída á crise do clima

Antxon Olabe Egaña

Main Article Content

Published: Mar 25, 2016
Abstract

O artigo valora as principais achegas realizadas polo Cumio do Clima de París, analiza a posición dos países principais emisores – a China, os Estados Unidos, a Unión Europea, a India, Rusia, o Brasil, Indonesia e o Xapón–, responsables conxuntamente das dúas terceiras partes das emisións mundiais, e reflexiona sobre as claves dunha estratexia de saída da crise do clima. Nesa dirección formula tres ideas forza. A primeira, o cambio climático é un problema de seguridade mundial e, en consecuencia, sitúase no corazón das high politics. A segunda, só será posible reconducilo se se produce unha descarbonización acelerada e masiva do sistema enerxético mundial. A terceira refírese ao liderado do proceso. 

Article Details

Keywords:
Acordo de París, grandes emisores, problema de seguridade, descarbonización, estratexia de saída, liderado