A cuarta revolución: a carreira global para reinventar o Estado

John Micklethwait
Adrian Wooldridge

Main Article Content

Published: Mar 25, 2016
Abstract

É común tanto entre os políticos como entre os académicos occidentais que, á hora de buscar marcos de referencia para a reforma da Administración ou a mellora da gobernanza dos seus respectivos países, se faga só dentro do propio marco occidental. Os expertos do noso ámbito só consideran digno de imitar prácticas que xorden no noso marco de referencia e só se permiten implantar reformas tanto na Administración como no seu goberno medidas que sexan avaladas por un bo desempeño nun país dos considerados como avanzados. É dicir, o noso marco de referencia xeográfico para a mellora e innovación administrativa son os países da Unión Europea ou do ámbito anglosaxón, como os Estados Unidos, Canadá, Australia ou Nova Zelandia.

Article Details

Keywords:
reforma da Administración, gobernanza