Orixes e evolución das políticas culturais urbanas. A Cidade da Cultura de Galicia como caso de estudo

Lorena Alonso Suárez

Main Article Content

Published: Mar 26, 2018
Abstract

Nos últimos cincuenta anos, as transformacións das cidades europeas estiveron acompañadas e víronse condicionadas polo crecente interese en utilizar a cultura como ferramenta clave para a súa rexeneración e o seu desenvolvemento. Este estudo pretende analizar as orixes e a evolución, especialmente nas cidades españolas, da expansión das políticas culturais urbanas e dos proxectos postos en marcha que buscan fomentar a cultura como elemento rexenerador e integrador no ámbito urbano. Cómpre observar, pois, se esas accións actúan como catalizadoras de cambio nas cidades e cales son os efectos e resultados alcanzados, desde unha perspectiva multidisciplinaria.

Article Details

Keywords:
Desenvolvemento urbano, transformación, rexeneración, cultura, políticas urbanas, cidade