Gobernanza da seguridade: redes de vixilancia e participación cidadá

Norberto A. Gonzáez Trigo

Main Article Content

Published: Mar 26, 2018
Abstract

A esencia do concepto do título deste artigo radica na existencia de redes interorganizacionais e autoorganizadas integradas por actores públicos e privados, unha forma reticular de gobernación concibida agora como goberno relacional ou goberno en redes de interacción público-privado-civil, e ao longo do eixe local-global. Deste xeito examínase o papel da policía como unha práctica social organizada e a súa función dentro das redes de vixilancia, describindo algunha das teorías que nos permitirán desenvolver unha comprensión máis axeitada dos probables efectos da transformación da vixilancia policial no contexto da gobernanza e as súas implicacións para a regulación e responsabilidade democrática.

Article Details

Keywords:
Gobernanza, vixilancia, redes, policía, seguridade, participación cidadá.