Análise de xénero no goberno das universidades españolas
Main Article Content
Published: Mar 29, 2013
Issue: Vol. 8 No. 1 (2013)
Abstract
Neste estudo analízase a presenza das mulleres nalgúns órganos de goberno das universidades españolas. Para iso revisáronse as 77 universidades españolas tanto públicas como privadas, centrando a atención no xénero, o cargo e o tipo de vinculación laboral dos xestores universitarios. Obsérvase como o maior desequilibrio, en canto ao número de homes e mulleres dáse nas universidades privadas e en menor medida nas públicas. Así mesmo os resultados indican que nas universidades dirixidas por mulleres as cotas por xénero no goberno son semellantes ás dirixidas por homes.
Article Details
Keywords:
Xénero, xestión universitaria, vínculo laboral, universidade.