Participación Pública na Xestión da Auga. Unha análise dos procesos participativos desenvolvidos sobre os plans hidrolóxicos das concas galegas
Main Article Content
Published: Mar 29, 2013
Issue: Vol. 8 No. 2 (2013)
Abstract
A Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE) é a norma básica que preside, desde o ano 2000, a xestión das augas da Unión Europea e supuxo, no momento da súa aprobación, un cambio de filosofía na tradicional xestión dos recursos hídricos. Dunha concepción “desenvolvista”, baseada no aproveitamento dos ríos para todo tipo de usos e demandas, pásase a unha visión “conservadora” cuxo obxectivo é a prevención, a conservación e a recuperación do bo estado ecolóxico das masas de auga así como o seu uso sostible. En segundo lugar, a Directiva Marco da auga (DMA) consagra a participación pública como un dos piares da nova política da auga.
Article Details
Keywords:
plans hidrolóxicos, participación pública, concas galegas, Directiva Marco da auga, aprendizaxe social.