O capital reputacional como cuestionamento ético da innovación tecnolóxica en Monsanto

Salvador Ortiz Sánchez

Main Article Content

Published: Mar 29, 2013
Abstract

A introdución de cultivos transxénicos como alternativa para solucionar o problema da deficiencia alimentaria na maioría das economías representa unha área de oportunidade para o desenvolvemento biotecnolóxico do cal nas últimas décadas Monsanto foi precursor. Mediante revisión bibliográfica e unha análise cualitativa dos principais enfoques teóricos que explican o comportamento e as estratexias de expansión e crecemento da empresa, compróbase o suposto de que a participación activa da sociedade na evidencia de danos causados determinan o valor estratéxico da reputación corporativa da transnacional, provocando controversias, incerteza e desconfianza respecto aos seus produtos e procesos, asumindo que representan un perigo para a saúde da poboación.

Article Details

Keywords:
desconfianza, estratexias, reputación corporativa, transxénicos