Os mecanismos heterocompositivos ante a litixiosidade tributaria: a necesidade de transitar do inmobilismo ao pragmatismo xurídico
Main Article Content
Published: Mar 29, 2014
Issue: Vol. 9 No. 1 (2014)
Abstract
Os instrumentos extraxudiciais para previr ou resolver conflitos tributarios foron escasamente desenvolvidos pola lexislación española. O presente traballo ten por obxecto analizar as causas que levaron ao actual estado de inmobilismo do Dereito tributario español en materia de arbitraxe, constatar os escasos avances acadados con outras técnicas extraxudiciais orientadas a reducir a conflitividade tributaria para, finalmente, concluir con distintas propostas de lege ferenda tendentes a fomentar a aplicación de tales mecanismos resolutivos de controversias.
Article Details
Keywords:
litixiosidade tributaria, mediación, arbitraxe, contribuíntes e Administración tributaria, reforma legal.