O sistema galego de museos e as súas redes museísticas
Main Article Content
Published: Mar 30, 2014
Issue: Vol. 9 No. 2 (2014)
Abstract
O Sistema Galego de Museos e as súas redes museísticas é a organización pública obxecto deste traballo co fin de realizar unha proposta de mellora e un plan estratéxico. Descríbese e analízase esta organización e realízase o diagnóstico estratéxico do sistema mediante a metodoloxía DAFO. O Plan estratéxico establece a estratexia que se seguirá a medio prazo. Este documento determina a misión, visión, valores, obxectivos estratéxicos, operativos e accións para mellorar a organización. Trátase de asegurar un eficaz funcionamento dos museos e coleccións, acadar o seu recoñecemento como eixe do desenvolvemento sociocultural de Galicia e obter unha ampla representación no ámbito museístico a nivel nacional e internacional.
Article Details
Keywords:
museos, redes de museos, planificación estratéxica.