A disfunción institucional da UE ante o desafío da harmonización fiscal
Main Article Content
Published: Mar 30, 2015
Issue: Vol. 10 No. 1 (2015)
Abstract
O proceso de harmonización fiscal na UE experimentou continuas dificultades ao longo da súa historia. Estas dificultades xorden da disfunción institucional que padece a Unión Europea debido ao excesivo peso dos procesos intergobernamentais de decisión. Coa unificación do mercado e a unión monetaria o problema agravouse. A perda de influencia dos gobernos no Consello de Ministros (votación por maioría cualificada) foi compensada pola posición central do Consello Europeo como órgano de impulso político da Unión. A harmonización fiscal como freo ás condutas oportunistas dos gobernos pode ser posible se se outorga un maior peso á Comisión e ao Parlamento como “garantes do interese supranacional”.
Article Details
Keywords:
Unión Europea, integración europea, acción colectiva supranacional, proceso político de decisión, harmonización fiscal.