Da estabilidade á prudencia: o reforzamento da disciplina orzamentaria nas normas comunitarias

Antonio López Díaz

Main Article Content

Published: Mar 30, 2015
Abstract

A dureza coa que a crise económica impactou as contas públicas dos estados da Unión Europea e en particular da Eurozona puxo de manifesto as debilidades dos procedementos deseñados para evitar os déficits públicos excesivos. A través dun paquete de seis normas (six pack) o Consello, ademais de reforzar tales procedementos correctores, pretende incidir os elementos preventivos, a través da supervisión dos desequilibrios macroeconómicos e da formulación de regras obxectivas e numéricas representativas dun novo principio: a prudencia orzamentaria, como mellor garante da futura estabilidade.

Article Details

Keywords:
estabilidade, prudencia orzamentaria, déficit, débeda, coordinación fiscal.