Marco para a análise das políticas públicas
Main Article Content
Published: Mar 31, 2008
Issue: Vol. 3 No. 2 (2008)
Abstract
O presente artigo ofrece un marco de referencia para a análise das políticas públicas. Tras presentar os elementos fundamentais dunha definición das políticas, desenvólvense as catro dimensións do devandito marco: estrutura política, orixe, contido e contexto. As operacións analíticas que toda dimensión do marco debe executar explícanse pormenorizadamente, examinando tamén diferentes temas das publicacións sobre políticas públicas. Préstaselles especial atención aos aspectos sociais e políticos dunha análise das políticas racional, así coma á cuestión da eficacia social das políticas, e non só á súa eficiencia económica, tratando así de contrarrestar o enfoque dominante nas análises das políticas.
Article Details
Keywords:
políticas públicas, análise das políticas, toma de decisións públicas, eficacia, eficiencia, valores políticos, razón técnica