As necesidades relativas de gasto das CC.AA. Elaboración dun indicador baseado na poboación
Main Article Content
Published: Mar 31, 2006
Issue: Vol. 1 No. 1 (2006)
Abstract
Un problema secular do financiamento das comunidades autónomas de réxime común foi a ausencia dun criterio explícito de equidade en que basear a distribución rexional dos recursos financeiros, o que ocasionou que se distribuísen horizontalmente de xeito bastante discutible e xerou diferenzas amplas no financiamento territorial por habitantes. Neste traballo abórdase a análise dun criterio de equidade baseado nas necesidades relativas de gasto das diferentes rexións. O obxectivo final é deseñar un indicador simple baseado na poboación, que diferencie entre os grandes bloques competenciais das comunidades autónomas: sanidade, educación, servizos sociais e competencias comúns.
Article Details
Keywords:
financiamento autonómico, necesidades de gasto