O novo papel dos gobernos locais desde a proximidade e a implicación cidadá

Joan Subirats

Main Article Content

Published: Mar 31, 2006
Abstract

É un contexto de cambio de época, convén atender ás transformacións necesarias nas políticas públicas locais. Neste sentido, podemos afirmar que o benestar hoxe vai pasando de ser unha reivindicación global para converterse cada vez máis nunha demanda persoal e comunitaria, articulada arredor da vida cotiá e nos espazos de proximidade. Cada vez faise máis difícil, desde ámbitos centrais de goberno, dar respostas universais e de calidade ás demandas dunha poboación menos indiferenciada, máis consciente das súas necesidades específicas. E isto fai que o foco de tensión se traslade cara a niveis máis próximos ao cidadán, asumindo así os gobernos e servizos descentralizados unha nova dimensión como distribuidores de benestar comunitario.

Article Details

Keywords:
goberno local, políticas locais, benestar, comunidade, participación