Avaliación das políticas e prácticas sobre os conflitos de intereses: un informe comparativo

Manuel Villoria Mendieta

Main Article Content

Published: Mar 31, 2006
Abstract

Artigo pretende expoñer de forma sumaria os diversos enfoques e aproximacións que nove países da Unión Europea están usando para xestionar os conflitos de interese no sector público. Para iso, desenvólvese un marco conceptual no que se definen os conflitos de interese e se sitúan no conxunto das políticas de prevención e loita contra a corrupción. Tamén se analizan as peculiaridades destas políticas dentro do conxunto de políticas públicas dos estados democráticos e, fundamentalmente, compáranse as estratexias de xestión dos conflitos de interese nos nove países estudados, considerando os seus instrumentos en torno a unha serie de variables prefixadas incluídos os mecanismos de detección, investigación e sanción.

Article Details

Keywords:
corrupción, conflitos de interese, Unión Europea, políticas institucionais, sanción da corrupción