Federalismo cuádruplo: institucións políticas, cultura política, sistemas de partidos e políticas públicas

Xavier Torrens Llambrich

Contido principal do artigo

Publicada: Jun 12, 2020
Resumo

Nesta análise do federalismo, primeiro descífrase o marco conceptual básico, resólvese cales son as partes e que é o todo nun Estado federal, dilucídase que é descentralización política e que é desconcentración administrativa, esclarécese que é demos e que é demoi. Finalmente, elucídase se se trata dun proceso centrípeto ou ben dunha dinámica centrífuga. Segundo, distínguense as catro esferas do federalismo: institucións políticas, cultura política, sistema de partidos e políticas públicas. O federalismo cuádruplo ten un impacto social que serve para discernir o arraigado que está en termos empíricos. Terceiro, diferénciase entre federalismo nacional e federalismo plurinacional. Todo iso aplícase á organización territorial do Estado español.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Federalismo cuádruplo, federalismo plurinacional, federalismo nacional, descentralización política, desconcentración administrativa